Nos últimos anos o interese da industria e da comunidade investigadora polas tecnoloxías asociadas ao Aprendizaxe Máquina ou Machine Learning incrementouse notablemente. Coa irrupción das tecnoloxías Big Data, a mellora nos algoritmos de aprendizaxe, e a aparición do Deep Learning, esta tecnoloxía converteuse nun referente en case calquera campo do coñecemento.
A pesar e todos os beneficios para a sociedade e a industria, o seu potencial máximo está aínda por explotar, polo que temos por diante un futuro cheo de novos retos e oportunidades.
Logo do éxito colleitado na edición de 2016, con 25 relatorios e máis de 100 participantes entre investigadores e empresas, o CiTIUS asume a organización dunha nova edición do Machine Learning Workshop Galicia, que en 2017 terá lugar o 19 de outubro.
O rexistro de asistencia está aberto. Para asistir é preciso cubrir o seguinte formulario.
Apertura da recepción de traballos
Apertura do rexistro de asistencia
Peche de recepción de traballos
Selección de traballos
Publicación da axenda
Celebración do Workshop
Horario | Actividade |
---|---|
9:00 - 9:30 | Rexistro |
9:30 - 9:45 | Acto de apertura |
9:45 - 10:15 | Poñencia invitada
|
10:15 - 11:30 |
Sesión de comunicacións I Modera: David Mera
|
11:30 - 12:00 | Pausa para o café |
12:00 - 14:00 |
Sesión de comunicacións II Modera: Ricardo Cao
|
14:00 - 15:15 | Pausa para a comida |
15:15 - 16:30 |
Sesión de comunicacións III Modera: Andrés Gómez
|
16:30 - 17:00 | Pausa para o café |
17:00 - 18:15 |
Sesión de comunicacións IV Modera: Milagros Fernández
|
18:15 - 18:30 | Acto de clausura |
Ricardo Cao
CITIC (UDC), ITMATI
Milagros Fernández Gavilanes
AtlantTIC (UVIGO)
David Mera Pérez
CiTIUS (USC)
Andrés Gómez Tato
CESGA
Félix Díaz Hermida
CiTIUS (USC)